Afiliate Bolsa de traballo CADP Concursos de traslados Formacion O defensor do profesor Oferta de empleo público: Convocatoria oposiciones 2020 Oposiciones


Comisións de servizo

A Comisión de Servizo permite que un posto de traballo, que estea vacante, poda ser ocupado por un/a funcionario/a que cumpra cos requisitos establecidos pola citada Comisión.

As comisións de servizos permiten que un posto de traballo que quedase vacante, poida cubrirse cun funcionario que reúna os requisitos establecidos para o seu desempeño na relación de postos de traballo.

As comisións de servizos dos funcionarios do Estado están reguladas en el Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado.

As comisións de servizos sempre teñen unha duración dun curso escolar e pode prorrogarse durante outro ano máis se a praza non foi cuberta con carácter definitivo por algún funcionario, sexa o que a ocupaba en comisión de servizos ou calquera outro.

Con carácter extraordinario, as Administracións educativas poderán destinar en comisión de servizos a postos do seu ámbito de xestión ao persoal funcionario de carreira dependente doutra Administración educativa, a condición de que conten coa autorización da mesma e cumpran os requisitos para os postos de traballo que han de ocupar.

A data de inicio de toma de posesión destas comisións farase coincidir coa que a Administración educativa que concede a comisión establecese para a incorporación aos seus centros, con ocasión do comezo do curso, aos profesores que obtivesen novo destino no mesmo.

As comisións de servizo que se concedan ás funcionarias e funcionarios aos que se refire este Real Decreto, non poderá exceder do comezo do curso escolar seguinte a aquel no que se concedan.

As comisións de servizos clasifícanse en modalidades, tipos e subtipos. En concreto, as modalidades son as seguintes:

  1. Comisións de servizos de carácter docente. Terán por obxecto garantir o funcionamento dos centros, o desenvolvemento de programas educativos ou outros supostos en centros públicos.
  2. Comisións de servizos de carácter humanitario. Poderán solicitarse cando existan razóns de conciliación da vida familiar e laboral, enfermidade propia ou de familiar, conflito no centro ou adaptación do posto.
  3. Comisións de servizos de carácter xeral. Considéranse como tales as comisións de servizo que non se inclúan en ningún dos supostos anteriores.

 

Tipos e subtipos

Establécense os seguintes tipos e subtipos, de comisións de servizos de carácter docente:

  1. Funcionamento dos centros: Directores de centros, Seccións bilingües, Ciclos de FP, Educación de Adultos, Escola Fogar, Aula Hospitalaria.
  2. Colaboración na realización de programas educativos: Atención Educativa Preferente, Educación Compensatoria, Orientación, Plan Avanza, Proxectos educativos.

Establécense os seguintes tipos e subtipos, de comisións de servizos de carácter humanitario :

  1.  Conciliación da vida familiar e laboral. 
  2. Enfermidade propia ou grave dun familiar.
  3. Conflito grave no centro.
  4. Adaptación de posto de traballo

MOTIVOS DE SAÚDE -  ORDE do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B). (DOG 09/03/2020)

Orde de 31 de marzo de 2023 pola que se modifica a Orde do 28 de febreiro de 2020 ...).  Único punto - Artigo 2. Duración: A comisión de servizos terá a duración dun curso académico. A solicitude de prórroga deberá reunir os mesmos requisitos formais e temporais exixidos para a primeira solicitude de concesión».

>> O prazo de presentación de solicitudes será de10 dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do CXT no Diario Oficial de Galicia.

>> ... A distancia da localidade de destino debe ser superior a 50 km da localidade de residencia e débese solicitar no CXT praza para a localidade ou localidades en que se solicita a comisión de servizos, salvo en casos excepcionais que serán obxecto de avaliación pola comisión de valoración. Pola súa vez, deberán solicitar no CADP en primeiro lugar o centro ou centros da localidade ou localidades que se encontren nun raio de 20 km do lugar da súa residencia, salvo determinados centros que serán de solicitude voluntaria.

>> Documentación a presentar xunto coa solicitude (Anexo I) por vía electrónica:

a) Informe actualizado do persoal médico de atención primaria e/ou especialista acreditativo da enfermidade/s alegada/s. Enténdese por informe actualizado o que estea emitido no ano en que se realiza a solicitude.

b) Copia da resolución administrativa de recoñecemento de grao de discapacidade do persoal docente solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, para aquelas circunstancias en que sexa de aplicación.

No suposto de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde dunha persoa familiar, achegarase ademais:

a) Certificación literal ou copia do libro de familia actualizado.

b) Certificado de empadroamento colectivo da persoa solicitante.

c) Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

Modifícase o punto 2, parágrafo cuarto, do artigo 2 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional: 

Ao persoal docente interino que supere o procedemento selectivo noutro corpo ou noutra especialidade e que tivese concedida unha comisión de servizos por razón de saúde non lle será tramitada esta solicitude. No entanto, empregarase a solicitude ordinaria de participación que está obrigado a formular este persoal logo de superar o procedemento selectivo, excepto a parte relativa á participación forzosa por provincias, para participar ademais cunha solicitude de comisión de servizos de saúde»

DECRETO 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o PROCEDEMENTO para o RECOÑECEMENTO da situación de DEPENDENCIA e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. ( O prazo máximo para ditar resolución e para practicar a súa notificación será de seis meses contado desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. No suposto do vencemento do prazo máximo establecido sen se ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga da Administración de resolver expresamente.)

 Claves usadas para determinar os motivos de desestimación das Solicitudes de C.S. de carácter humanitario.



CONCILIACIÓN FAMILIAR e LABORAL ORDE do 15 de abril de 2019 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A). (DOG 30/04/2019)

>> O prazo de presentación de solicitudes por vía electrónica será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia. Se nun curso académico non se chega a convocar o concurso de traslados entre o persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, o prazo de solicitude será desde o 15 de abril ata o 30 de abril do ano correspondente.

>> Solicitantes:

a) O persoal funcionario dos corpos docentes en situación de servizo activo, de excedencia por coidado de familiares ou de excedencia por violencia de xénero no prazo de solicitude establecido no artigo 7.

b) Persoal funcionario en prácticas pola Consellería de Educación e FP no prazo de solicitude establecido no artigo 7.

c) O persoal laboral docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que se encontre en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de familiares ou de excedencia por violencia de xénero no prazo de solicitude establecido no artigo 7.

>> Requisitos:

Ter, se é o caso, destino definitivo nunha localidade a unha distancia superior a 60 km da localidade de residencia. 

Non será exixible este requisito a aquelas persoas que presten servizos nos centros de educación infantil, educación infantil e primaria, educación primaria, colexios rurais agrupados, centros de educación especial e centros públicos integrados que teñen réxime de xornada partida.

As persoas interesadas deberán solicitar en primeiro lugar o centro ou centros da localidade ou localidades que se encontren nun raio de 20 km do lugar da súa residencia, agás os centros penitenciarios, os centros de educación permanente de adultos e os centros ordinarios en que se imparten ensinanzas de adultos e aqueloutros centros en que se imparten ensinanzas en réxime de xornada partida, que serán de solicitude voluntaria.

 Ter solicitado, de reunir os requisitos, agás casos excepcionais que serán valorados pola comisión de valoración, praza no último concurso de traslados para a localidade ou localidades en que se solicita a comisión de servizos.

Tipo I) Ter un fillo ou filla menor de catro anos, ou ter e convivir cun fillo ou filla menor de oito anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

Tipo II) Ter dous fillos ou fillas menores de seis anos ou un fillo ou filla menor de seis anos cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, ou ter e convivir con dous fillos ou fillas menores de dez anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

Tipo III) Ter tres fillos ou fillas menores de doce anos ou dous fillos ou fillas menores de doce anos se un deles ten un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, ou ter e convivir con tres fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

A idade dos fillos ou fillas computarase o 31 de decembro do ano inmediatamente anterior a aquel en que se efectúa a solicitude.

Disposición adicional cuarta. Obriga de realizar dúas solicitudes 

O persoal docente suprimido, desprazado, o persoal funcionario de carreira en expectativa de destino, o persoal nomeado funcionario en prácticas, o persoal que superou o procedemento selectivo correspondente e estea pendente de ser nomeado funcionario en prácticas e o persoal funcionario interino a que se lle conceda unha comisión de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral deberá realizar, ademais da solicitude de comisión de servizos, unha solicitude ordinaria.


Prazo de presentación aberto Prazo de presentación pechado Convocatoria actualizada
ANPE-Galicia

Comisión de Servizos por CONCILIA 22/23

Prazo de presentación pechado


Comisións de Servizo Inicio: 17 Abr, 2024
ANPE-Galicia

Comisións de servizo por SAÚDE 22/23

Prazo de presentación pechado


Comisións de Servizo Inicio: 17 Abr, 2024
ANPE-Galicia

Comisións de servizo por CONCILIA - 23/24

Prazo de presentación pechado


Comisións de Servizo Inicio: 17 Abr, 2024
ANPE-Galicia

Comisións de servizo por SAÚDE 23/24

Prazo de presentación pechado


Comisións de Servizo Inicio: 17 Abr, 2024
ANPE-Galicia

Comisións de servizo por CONCILIA 24/25

Prazo de presentación pechado


Comisións de Servizo Inicio: 15 Abr, 2024
ANPE-Galicia

Comisións de servizo por SAÚDE - 24/25

Prazo de presentación pechado


Comisións de Servizo Inicio: 15 Abr, 2024
Comisión de servizo por CONCILIA 24/25
Galicia 18 Abr, 2024 concilia-familiar-anpe.jpg

WEB - prazo do 15 ao 26 de abril


Comisións de Servizo