A Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:
Artigo 17. Causas sobrevidas
Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario ( desde o mércores día 25 de agosto ata o día 2 de setembro de 2021, ambos incluídos).
Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED010B: LIGAZÓN