Afiliate Bolsa de traballo CADP Concursos de traslados Formacion O defensor do profesor Oferta de empleo público: Convocatoria oposiciones 2020 Oposiciones


Permisos e Licenzas

Queres coñecer os permisos e licenzas que che corresponden como docente funcionario da ensinanza pública?
ANPE infórmache dos trámites e concesións de permisos e licenzas nas diferentes Comunidades Autónomas.

Diferenza entre permiso e licenza

A licenza conleva o exercicio dun dereito recoñecido como tal (o cal non impide a esixencia da necesaria acreditación das circunstancias que o xeneran).

O permiso ha de ser solicitado e concedido por quen detenta a competencia legal de otorgalo.

En todos os casos se requiere a pertinente acreditación dos motivos que xeneran o dereito á licenza ou á concesión do permiso.

Normativa que regula os permisos e licenzas

A normativa básica está contemplada no Estatuto Básico do Empregado Público pero logo cada Administración Educativa adaptouno á súa Comunidade sempre mantendo ou mellorando as condicións da normativa básica, en Galicia: LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Tipos de licenzas e permisos dos docentes

Aparte da normativa básica recollida no Capítulo IV da Lei 2/2015, os docentes temos a específica recollida na ORDE do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15/02/2016) e a posterior ampliación no (DOG 01/03/2016).

Licenzas por formación

A convocatoria é anual. Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil,educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis. Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado.

2. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis. Duración: de 1 a 3 meses, de acordo co cronograma do proxecto aprobado.

3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

4. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

5. Proxecto indiviual ou en grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.

 

 

1. Acceso á información relativa á FORMACIÓN

2. LICENZAS POR FORMACIÓN

- Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2019/2020

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es 

Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación e Formación Profesional

 


 Permisos e Licenzas

EXCEDENCIAS

VOLUNTARIA POR INTERESE PARTICULAR 

  • Duración mínima de 1 ano. Perda de praza definitiva
  • REQUISITOS: Ter prestado sevizos durante os 3 anos inmediatamente anteriores.
  • OBSERVACIÓNS: As persoas que se atopen na situación de excedencia por interese particular non devindicarán retribucións, nin será computable o tempo que permanezan nela para os efectos de ascensos, trienios e dereitos no réxime de Seguridade Social que sexa aplicable.

VOLUNTARIA POR AGRUPACIÓN FAMILIAR

  • Duración mínima de  1 ano
  • DURACIÓN: Non existe limitación no tempo máximo para permanecer nela.
  • REQUISITOS: Non existe tempo mínimo para ser solicitada.
  • OBSERVACIÓNS: As persoas que se atopen na situación de excedencia por agrupación familiar non devindicarán retribucións, nin será computable o tempo que permanezan nela para os efectos de ascensos, trienios e dereitos no réxime de Seguridade Social que sexa aplicable.

COIDADO DE FILLOS MENORES OU FAMILIARES

  • Duración máxima de 3 anos por feito causante. Pode disfrutarse de maneira discontinua
  • DURACIÓN: Non superior a tres anos.
  • OBSERVACIÓNS:

- O persoal funcionario de carreira ten dereito a un período de excedencia por coidado de familiares de duración non superior a tres anos, sen que sexa exixible o requisito de ter prestado un tempo mínimo de servizos previos, nos seguintes casos:

a) Para atender ao coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, contando desde a data de nacemento ou, de ser o caso, da efectividade da resolución xudicial ou administrativa.
b) Para atender ao coidado dun familiar que se atope ao seu cargo, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade, cando, por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

- Pódese facer uso de forma fraccionada do período da excedencia regulada neste artigo.
- O período de excedencia será único por cada suxeito causante. Cando un novo suxeito causante dea orixe a unha nova excedencia, o inicio do período desta poñerá fin, de ser o caso, ao que se viñese gozando.
- No caso de que dúas persoas xeren o dereito á excedencia regulada neste artigo polo mesmo suxeito causante, a Administración poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas relacionadas co funcionamento dos servizos.
- Durante o período de excedencia, o desempeño de actividades retribuídas está suxeito a autorización previa consonte as regras establecidas na normativa sobre incompatibilidades
- O tempo de permanencia na situación regulada neste artigo compútase para os efectos de trienios, carreira e dereitos no réxime da Seguridade Social que sexa aplicable, e reservarase o posto de traballo que se ocupe con carácter definitivo. Se se ocupa un posto de traballo con carácter provisional, a reserva manterase mentres o posto non se cubra polos procedementos previstos nesta lei.
- O persoal funcionario que se encontre na situación regulada neste artigo pode participar nos cursos de formación que convoque a Administración.
- O persoal funcionario interino ten dereito á excedencia regulada neste artigo, ben que a reserva do posto de traballo se manterá unicamente mentres non concorra ningunha das causas de cesamento previstas para esta clase de persoal nesta lei.

POR RAZÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

  • DURACIÓN: 6 meses prorrogables
  • OBSERVACIÓNS:

Durante os seis primeiros meses de permanencia nesta situación tense dereito á reserva do posto de traballo que se desempeñase, e o devandito período computarase para os efectos de antigüidade, carreira e dereitos no réxime da Seguridade Social que resulte aplicable. Cando as actuacións xudiciais así o exixan, este período prorrogarase por prazos de tres meses, ata un máximo total de dezaoito, con idénticos efectos aos sinalados anteriormente, co fin de garantir a efectividade do dereito de protección da vítima.
Durante os tres primeiros meses da excedencia regulada neste artigo, a funcionaria ten dereito a percibir as súas retribucións íntegras e, de ser o caso, as prestacións familiares por fillo a cargo.
As funcionarias interinas teñen dereito á excedencia regulada neste artigo, ben que a reserva do posto de traballo se manterá unicamente mentres non concorra ningunha das causas de cesamento previstas para esta clase de persoal nesta lei.

 
Artigo 178. Reingreso ao servizo activo
1. Finalizada a causa que determinou a declaración nunha situación de excedencia voluntaria das reguladas neste capítulo ou o prazo máximo de duración dela, o persoal funcionario de carreira está obrigado a solicitar o reingreso ao servizo activo no prazo dun mes. Unha vez acordado o reingreso, está igualmente obrigado a tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se lle notifique o reingreso. O incumprimento destas obrigas determinará a declaración na situación de excedencia voluntaria por interese particular.
2. O reingreso ao servizo activo do persoal funcionario de carreira que non teña reservado o posto de traballo efectuarase mediante a participación nas convocatorias de concurso ou de libre designación para a provisión de postos de traballo.
3. Así mesmo, o reingreso ao servizo activo poderá efectuarse por adscrición provisional a un posto de traballo, de acordo coas necesidades do servizo e sempre que se reúnan os
requisitos exixidos para ocupar o posto, nos termos regulados polo artigo 97.
    


Graos de Parentesco


Boletín Resumo de ANPE

 

 


As faltas dos docentes para atender aos fillos menores que precisen  repouso domiciliario por atoparse enfermos, deberían computar dentro do artº 14 (deberes inexcusables relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral) e non como imprevistos tal e como se recolle nun escrito da Secretaría de Estado para Función Pública.

160310_escritosecretariaestado

EXCEDENCIAS: Lei 7/2007 EBEP artº 89 (BOE 13/04/07) e Decreto lexislativo 1/2008 artº 57 (DOG 13/06/08)

070413_ebep 080613_declexfpgalicia

GRAOS DE PARENTESCO

graos-de-parentesco

Licenzas por formación para o curso 2019/20
Galicia 06 Xun, 2019 licenzas_formaci-n

WEB - Preinscripción ata o 12 de xuño


Docentes Permisos e Licenzas