1. BAIXA MÉDICA ou IT (Incapacidade Temporal)
29/03/23 - Instrución nº1/2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente non universitario que presta servizos en centros públicos docentes depedentes desta consellería a partir do día 1 de abril de 2023. ( Suprímese a obriga da persoa traballadora incluída no Réxime xeral da Seguridade Social de presentar o parte de baixa, de confirmación ou de alta médica á empresa, pero, si deberedes comunicala pola aplicación.
Non é aplicable ao persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de Seguridade Social.
>> A comunicación dos partes por IT (baixa, confirmación e alta) remitiranse ás Dirección Territoriais a través da aplicación www.edu.xunta.es/datospersoais:
Sen prexuízo da obriga de comunicar inmediatamente a ausencia, so o persoal funcionario de carreira deberá subir o primer exemplar de parte médico de baixa destinado á empresa no prazo de tres días contados a partir do día da expedición e os exemplares dos partes médicos de confirmación da baixa no mesmo prazo. Sen prexuízo da comunicación inmediata da súa reincorporación, a persoa empregada deberá entregar o exemplar do parte de alta destinado á empresa dentro das vinte e catro horas seguintes á súa expedición.
>> CÓDIGOS CIE-10 de enfermidades actualizado xaneiro 2020 ( A CIE-10 é o acrónimo da Clasificación Internacional de Enfermidades, 10ª edición. Edítaa a Organización Mundial da Saúde e determina a clasificación e codificación das enfermidades). Buscador e conversor de MUFACE
>> Real Decreto 1148/2011, de 29 de julio,onde se recolle o LISTADO de ENFERMIDADES GRAVES.
>> MUFACE:
- Guías de actuación en caso de IT e urxencias/emerxencias
- Descarga de Impresos de MUFACE para BAIXAS, RECETAS, PRESTACIÓNS...
- Subsidio por IT de MUFACE, o persoal funcionario en prácticas ou de carreira DEBERÁ SOLICITALO se vai iniciar o 4º mes de baixa para seguir cobrando o soldo íntegro. Modelo de solicitude (501 KB)
**** Os partes de confirmación de baixa renóvanse cada 15 días. Os talonarios ou documentos tanto de BAIXA coma de RECETAS son propios de MUFACE, non sirven os da Seguridade Social.
2. Acceso a RISCOS LABORAIS para ADAPTACIÓN DO POSTO DE TRABALLO
3. ACCIDENTE en ACTO DE SERVIZO
*** LIGAZÓN a Prevención de Riscos - Accidentes de traballo
- ORDEN de 31 de marzo de 2006 pola que se determinan as funcións de asesoramento e inspección dos médicos destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Dereitos derivados de accidente en acto de servizo ou de enfermidade profesional
Lesións permanentes non invalidantes
Resolución do 10 de xullo de 2015 da D.X de Función Pública pola que se modifica a resolución do 12 de marzo do 2013 relativa as instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas para adaptala á lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia
3. LEXISLACIÓN DE REFERENCIA
- BOE 20/6/2015 - Orde ESS/1187/2015, do 15 de xuño, pola que se desenvolve o Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.
- BOE 01/07/2010 - Procedemento de recoñecemento, control e seguimento das situacións de I.T., risco durante o embarazo e a lactación no Réxime Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado.
- DOG - LEI 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
- RD 1299/2006 por el que se aprueba el cuadro de enfermedades profesionales en el Sist. de la Seguridad Social
- ENLACE a Seguridade Social
- ENLACE ao SERGAS