1. BAIXA MÉDICA ou IT (Incapacidade Temporal)

29/03/23 -  Instrución nº1/2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente non universitario que presta servizos en centros públicos docentes depedentes desta consellería a partir do día 1 de abril de 2023. ( Suprímese a obriga da persoa traballadora incluída no Réxime xeral da Seguridade Social de presentar o parte de baixa, de confirmación ou de alta médica á empresa, pero, si deberase comunicar pola aplicación.

  Non é aplicable ao persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de Seguridade Social.

 A comunicación dos partes por  IT (baixa, confirmación e alta) remitiranse ás Dirección Territoriais a través da aplicación www.edu.xunta.es/datospersoais:

Sen prexuízo da obriga de comunicar inmediatamente a ausencia, so o persoal funcionario de carreira deberá subir o primer exemplar de parte médico de baixa destinado á empresa no prazo de tres días contados a partir do día da expedición e os exemplares dos partes médicos de confirmación da baixa no mesmo prazo. Sen prexuízo da comunicación inmediata da súa reincorporación, a persoa empregada deberá entregar o exemplar do parte de alta destinado á empresa dentro das vinte e catro horas seguintes á súa expedición.

 

➡️ CÓDIGOS CIE-10-ES 2026 Lista tabular de enfermidades e lesiones

➡️ MUFACE:

 

  • SUBSIDIO por IT de MUFACE, o persoal funcionario en prácticas ou de carreira DEBERÁ SOLICITALO se vai iniciar o 4º mes de baixa, antes do día 91 para cobrar o 100% na nómina ao ter dous pagadores: MUFACE e a Consellería.  A consellería aboará na súa nómina a parte que a mutualidade retrotrae.

​Os documentos de Incapacidade Temporal (IT) e as Receitas se cubren en documentos específicos de MUFACE ainda que se estéa na Seguridade Social.

 

 

2.  RISCOS LABORAIS para ADAPTACIÓN DO POSTO DE TRABALLO

 

3. ACCIDENTE de TRABALLO: Circular 2/2006 : Anexos a cubrir dende o centro educativo 

​*** LIGAZÓN a Prevención de Riscos - Accidentes de traballo

 

Resolución do 10 de xullo de 2015 da D.X de Función Pública pola que se modifica a resolución do 12 de marzo do 2013 relativa as instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas para adaptala á lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia

 



Ensina Afiliate Bolsa de traballo CADP Concursos de traslados Formacion O defensor do profesor Oferta de empleo público: Convocatoria oposiciones 2020 Oposiciones