Ademáis do Concurso de Traslados, os funcionarios docentes teñen a posibilidade de intercambiar o seu posto de destino co de outro docente sempre que ambos reúnan unha serie de requisitos.
En Galicia: no artº 99 da LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
Artigo 99. Permuta de postos de traballo
1. Pódense autorizar permutas de postos de traballo entre persoal funcionario de carreira da mesma Administración pública ou de entidades públicas instrumentais dependentes desta, sempre que concorran as seguintes circunstancias:
a) Que os postos de traballo teñan o mesmo complemento retributivo, poidan ser ocupados por persoal funcionario do mesmo subgrupo ou grupo de clasificación profesional, no suposto de que este non teña subgrupo, corpo ou escala, e a súa forma de provisión sexa o concurso ordinario.
b) Que as persoas que pretendan a permuta teñan prestado un mínimo de cinco anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira.
c) Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa.
2. As permutas de postos de traballo previstas neste artigo autorizaranse polo procedemento que se estableza regulamentariamente, logo do informe dos correspondentes órganos competentes en materia de persoal.
3. O persoal funcionario de carreira ao cal lle fose autorizada unha permuta de postos de traballo quedará sometido ao seguinte réxime:
a) Deberá permanecer no posto obtido por permuta un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos de provisión de postos de traballo.
b) No prazo de cinco anos a partir da concesión dunha permuta non se autorizará outra a ningunha das persoas interesadas.
Real Decreto 1364/2010, de 29 de octubre, por el que se regula el concurso de traslado de ámbito estatal entre personal funcionario de los cuerpos docentes contemplados en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación y otros procedimientos de provisión de plazas a cubrir por los mismos
DOG 10/07/2017 - CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de xuño de 2017
«Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes
1. Persoal non obrigado a participar no CADP - do 15 de xullo ao 31 de xullo
2. Resolución de adxudicación definitiva do CADP antes do 15 de agosto - 10 días hábiles
3. Resolución definitiva do CADP despois do 15 de agosto - 4 días hábiles
ORDE do 17 xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente, en centros dependentes desta consellería. (DOG 30/06/2017). Corrección de erros (DOG 10/07/2017)
170630_permutas 170710_correrros
PERMUTAS DEFINITIVAS
➡️En Galicia: no artº 99 da LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: LIGAZÓN
➡️Fóra de Galicia: na disposición adicional sexta do Real Decreto 1364/2010,26 do 29 de outubro, polo que se regula o CXT: LIGAZÓN
Se está interesado en permutar, pode encher o seguinte formulario. ao enviar os seus datos da permiso a ANPE para publicalos no apartado de permutas. Para o resto de usuarios non serán visibles os seguintes campos: nome, apelidos e e-mail.
Para que se publique o anuncio tendrá que validar o seu e-mail. Para o cal, enviarémoslle en breve unha verificación o seu enderezo electrónico.
Para hacer búsquedas, por favor, rellene los siguientes campos y finalmente pulse "consultar" para obtener los resultados de su interés