Normativa formación

DECRETO 75/2025, do 4 de agosto, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei 2/2006, do 3 de maio, en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

DECRETO 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE), en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia. (DOG 22/05/2013) 

ORDE do 1 de marzo de 2007 pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e innovación e das titulacións. (vixente do 2007 ata 2013)

> Cambio no procedemento de solicitude do Permiso por asistencia a actividades de Formación do Profesorado  (a partires de 1/11/24)

> RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.

AXUDAS GASTOS FORMACIÓNORDE do 16 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento ED303A). Anual

 

Sexenios

Acordo de SEXENIOS (30/12/1991)

 Aclaración perfeccionamento SEXENIOS

 

Competencia Dixital  

BOE Resolución do 1 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación sobre a certificación, acreditación e recoñecemento da competencia dixital docente.

DOG ORDE do 1 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para a acreditación da competencia dixital docente no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG - RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Explicación Acreditación Competencia Dixital Docente

 

Títulos universitarios 

Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (MEFP) 

Consulta homologación títulos

DIFERENZAS entre un máster oficial e un máster ou título propio. 

máster oficial é aquel acreditado pola ANECA, a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, adscrita á súa vez ao Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polos órganos de avaliación que a Lei das Comunidades Autónomas determinen; está homologado a nivel europeo e dá acceso a estudos de doutoramento. ten unha carga lectiva de entre 60 e 120 créditos ECTS, dependendo de se dura un ou dous anos. Deles, 10 créditos destínanse á realización do Traballo de Fin de Máster. Ao ter máis créditos ECTS, o prezo tamén é máis caro. No caso dos másteres oficiais, o prezo está fixado polas Comunidades Autónomas.

** No baremo da oposición puntuaría no apartado 2.2

** No baremo de Concurso de Traslados  puntuaría no apartado 3.1.2

máster propio ou título privado está deseñado e impartido por unha universidade ou escola de negocios, e non conta co recoñecemento do Estado nin do Espazo Europeo de Educación Superior ( EEES), xa que é a propia universidade a que deseña e certifica o plan de estudos. Non dá acceso a estudos de doutoramento. Son as universidades as que fixan o prezo.

**No baremo das oposicións puntuaría no apartado de 3.2 coma formación recibida segundo as horas.

**No baremo de Concurso de Traslados puntuaría no apartado 5.1 como formación recibida segundo as horas.

 

 
 



Afiliate Bolsa de traballo CADP Concursos de traslados Formacion O defensor do profesor Oferta de empleo público: Convocatoria oposiciones 2020 Oposiciones