Formación
- Derogada, pero de aplicación para cursos neses anos:
- DOG - DECRETO 204/2022, do 24 de novembro, polo que se crea o Centro de Innovación Educativa e Dixital. (CIEDIX)
*** 30/12/1991 Acordo SEXENIOS
Aclaración perfeccionamento SEXENIOS
- ENLACE á información dos Centros de Formación
- Convenio UDC con la Consellería - practicum 22
- Registro de Universidades, Centros e Títulos (MEC)
- Consulta homologación títulos
DIFERENZAS entre un máster oficial e un máster ou título propio.
O máster oficial é aquel acreditado pola ANECA, a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, adscrita á súa vez ao Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polos órganos de avaliación que a Lei das Comunidades Autónomas determinen; está homologado a nivel europeo e dá acceso a estudos de doutoramento. ten unha carga lectiva de entre 60 e 120 créditos ECTS, dependendo de se dura un ou dous anos. Deles, 10 créditos destínanse á realización do Traballo de Fin de Máster. Ao ter máis créditos ECTS, o prezo tamén é máis caro. No caso dos másteres oficiais, o prezo está fixado polas Comunidades Autónomas.
** No baremo da oposición puntuaría no apartado 2.2
** No baremo de Concurso de Traslados puntuaría no apartado 3.1.2
O máster propio ou título privado está deseñado e impartido por unha universidade ou escola de negocios, e non conta co recoñecemento do Estado nin do Espazo Europeo de Educación Superior ( EEES), xa que é a propia universidade a que deseña e certifica o plan de estudos. Non dá acceso a estudos de doutoramento. Son as universidades as que fixan o prezo.
**No baremo das oposicións puntuaría no apartado de 3.2 coma formación recibida segundo as horas.
**No baremo de Concurso de Traslados puntuaría no apartado 5.1 como formación recibida segundo as horas.