Lei 3/2021 de orzamentos xerais de Galicia e Lei 4/2021 de medidas fiscais e administrativas


29 Xan, 2021

DOG LEI 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

O capítulo II, baixo a rúbrica «Dos réximes retributivos»,

As retribucións dos restantes altos cargos e outro persoal directivo, así como as das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior, o persoal funcionario, o persoal laboral, o persoal ao servizo das institucións sanitarias e o persoal dos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza experimentarán un incremento do 0,9 por cento en relación coas vixentes o 31 de decembro do 2020. Tal e como se establece na disposición adicional oitava, estes incrementos serán aplicables no momento en que se habilite pola normativa da Administración xeral do Estado.

Dous. No ano 2021 as retribucións do persoal ao servizo do sector público autonómico non poderán experimentar un incremento global superior ao 0,9 por cento con respecto ás vixentes o 31 de decembro de 2020, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.

Tres. Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores aos fixados no punto anterior deberán experimentar a oportuna adecuación, resultando inaplicables as cláusulas que establezan calquera tipo de incremento. En todo caso, suspéndese a aplicación dos pactos ou acordos asinados que supoñan incrementos retributivos superiores aos fixados no punto anterior para o ano 2021, sen prexuízo dos acordos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia durante os anos 2017 a 2020.


Ademais, mantense a suspensión da aplicación do punto décimo oitavo do Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995, publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

LEI 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas.

CAPÍTULO I

Emprego público - Artigo 5. Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia