Eleccións europeas - dereitos electorales do persoal funcionario


22 Mai, 2024

DOGORDE do 16 de maio de 2024 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 9 de xuño de 2024 polo Real decreto 363/2024, do 9 de abril, polo que se convocan eleccións de diputados e diputadas ao Parlamento Europeo.

1. O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais e as/os que acrediten a súa condición de interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa, se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.

2. As/os que acrediten a súa condición de apoderadas/os teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non desfrutan nese día de descanso semanal.

3. A acreditación do persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais ou da condición de interventoras/es ou de apoderadas/os realizarase mediante a achega da oportuna xustificación documental na correspondente dirección ou xefatura de persoal.

O persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que se presente como candidata/o ás eleccións que terán lugar o vindeiro 9 de xuño, poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo nas súas respectivas unidades durante a campaña electoral; é dicir, desde as cero horas do venres 24 de maio de 2024 ata as vinte e catro horas do venres 7 de xuño de 2024. A competencia para a concesión do referido permiso corresponderalle á secretaría xeral técnica de cada consellería ou órgano directivo correspondente da respectiva entidade pública instrumental.