Procedemento para recoñecemento de grao de dependencia


08 Nov, 2023

DOGDECRETO 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Normativa de interés para todos aqueles docentes que soliciten ou teñan previsto solicitar comisións de servizo por razóns de saúde dun persoa familiar.

>> As solicitudes: O procedemento iniciarase por instancia da persoa que poida estar afectada por algún grao de dependencia ou, de ser o caso, de quen exerza a súa representación e poderán presentarse:

a) Electronicamente, a través dos modelos normalizados dispoñibles na sede electrónica (https://sede.xunta.es). Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuarios e clave Chave365.

b) Presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecidos.

>> O prazo máximo para ditar resolución e para practicar a súa notificación será de seis meses contado desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

No suposto do vencemento do prazo máximo establecido sen se ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga da Administración de resolver expresamente.