IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.
O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde é do 24 de maio de 2021 ao 4 de xuño de 2021, ambos incluÍdos.
Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.
Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade... Unha vez cubertos prema en “comezar solicitude”. Se participou en “cadp” recuperaralle a ultima solicitude que realizou. Lémbre que esta convocatoria é a primeira na que o procedemento se tramita integramente de xeito electrónico de modo que deberá completar toda a solicitude segundo se lle indica e finalizar a presentación da solicitude na sede electrónica.
No caso de que algún dos requisitos non figuren no seu expediente deberán enviar a documentación esixida antes de formular a solicitude de comisión de servizos aos enderezos de correo electrónico que se indican a continuación:
Enderezos de correo electrónico:
- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria @edu.xunta.gal
- Mestres: persoal.primaria @edu.xunta.gal
Teléfonos de información:
- Profesorado de secundaria: 981 54 54 06, 981 54 52 55.
- Mestres: 981 54 54 95, 881 99 58 87, 981 54 44 87, 881 99 58 88