Volver

Prazo de presentación pechado
ANPE-Galicia Mai 25, 2020 Xun 05, 2020

Comisións de servizo por Conciliación Familiar 20/21


 

DOG - ORDE do 14 de maio de 2020 pola que se abre o prazo para que o persoal docente solicite comisión de servizos por motivos de saúde, en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral, e o persoal docente interino e substituto solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21.

O prazo de solicitude das comisións de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde e en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, reguladas na Orde do 28 de febreiro de 2020 (código de procedemento ED010B) e na Orde do 15 de abril de 2020 (código de procedemento ED010A), respectivamente, será o comprendido entre o 25 de maio de 2020 e o 5 de xuño de 2020.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Recordar que para entrar a facer a solicitude dentro do CADP  hai que premer no botón verde "de inicio" que aparece na parte superior dereita da pantalla.

ENLACE ao procedemento explicativo de solicitudes

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486
Mestres: 981 544482, 981 544488, 981 545 440

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es

 




Fases del proceso
27/07 - Resolución definitiva
03/07 - Resolución provisional


Comisións de Servizo

Volver