Comisión de Concilia - apertura para os que superaron Concurso Méritos


05 Xul, 2023

WEBApertura do prazo para solicitar comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, para o persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de establización mediante concurso de méritos, curso 2023/24.

 O prazo para formular a dita solicitude abranguerá desde o día 6 de xullo ata o día 7 de xullo de 2023, ambos incluídos.

- O persoal interino que supere o procedemento selectivo por distinto corpo e especialidade poderá formular unha solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral.

- O persoal que supere o procedemento selectivo extraordinario de estabilización mediante concurso de méritos  que non tivese formulada solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral, poderá formular solicitude neste prazo.

LIGAZÓN á solicitude