WEB - Adxudicación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial para o ano 2019
Listaxe da adxudicación provisional
Resolución da adxudicación provisional
Listaxe provisional de persoas participantes excluídas
De acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 26 de novembro de 2018 pola que se convoca concurso específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG núm. 237, do 13 de decembro), o persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.
O prazo para reclamacións e renuncias, e o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.
As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base sexta e remitiranse ademais por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.gal
De acordo coa base segunda, se a praza adxudicada é un centro de orientación compartido, poderá consultar se ten centros compartidos e/ou adscritos no Anexo II ou no Anexo III da orde pola que se convoca este concurso específico.