• Noticia nova

EXTERIOR - Axudas para estancias profesionais para docentes


08 Mai, 2025

WEB - Axudas para estancias profesionais docentes

BOE - Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan 120 prazas para a realización de estancias profesionais en centros educativos en Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza para o curso 2025/2026 

As estancias profesionais son visitas de estudo e observación nas que un centro europeo acolle ao docente español durante un período de dúas semanas. 

O número de estancias convocadas é de 120, entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de agosto de 2026.

Requisitos

  • Ser funcionario/a de carreira en servizo activo ou en excedencia por coidado de familiares, por violencia de xénero ou por violencia terrorista, e ser nomeado funcionario de carreira con anterioridade ao 1 de setembro de 2022. 
  • Estar a impartir docencia directa nun centro situado nun territorio español no momento de presentar a solicitude de participación nesta convocatoria, salvo nos casos de excedencia mencionados no punto anterior. 
  • Acreditar, polo menos, un nivel de competencia lingüística equivalente ao nivel B2 establecido no Marco Común Europeo de Referencia (MCER) para as linguas oficiais do país elixido. Ademais, poderase optar a estancias en Dinamarca, Estonia, Finlandia, Malta, Noruega, Países Baixos e Suecia acreditando o nivel B2 de inglés. 
  • Non serlle concedida unha axuda para a realización dunha estancia profesional nas catro últimas convocatorias deste Programa. Si poderán participar no proceso selectivo aquelas persoas que, séndolle concedida unha estancia no últimas catro convocatorias, sufrise unha cancelación por mor da pandemia do Covid-19 durante o curso 2021/2022 ou por causa de forza maior. 
  • Estar ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social. 

Os candidatos seleccionados recibirán unha axuda de ata mil cincocentos euros (1.500,00€) para os seus gastos de transporte, aloxamento e manutención. Esta cantidade está suxeita ás retencións que sexan de aplicación. 

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días hábiles a partir do 8 de maio.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, podes contactar con ANPE Exterior: exterior@anpe.es ou ben no móbil  626 300 849

Podes consultar a nosa GUIA de acción educativa no exterior