- Anexo I: Adxudicación destino definitivo persoal funcionario docente do corpo de Secundaria e outros
Contra esta resolución definitiva, poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A TER EN CONTA:
1. No caso de que ata o 31 de agosto deste ano resulten suprimidos postos de traballo adxudicados pola presente resolución e co obxecto de determinar cal é o profesorado afectado pola dita supresión, observarase o disposto no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo e o cómputo de antigüidade no centro.
2. Tamén se poderán declarar anulados os destinos adxudicados que estean afectados pola estimación de recursos derivados desta resolución. O profesorado afectado e que participa como forzoso quedará na situación de suprimido con dereito preferente á localidade/zona en que se lle anula o posto de traballo obtido. Se participaron con carácter voluntario, adquirirán o dereito preferente á localidade e á zona na cal se lle anula o posto de traballo obtido ou en que tiña acreditado o destino definitivo, á súa elección, sempre e cando a súa resulta non fose cuberta.
3. A toma de posesión dos novos destinos adxudicados mediante esta resolución, que se realizará no departamento territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2025.
4. As persoas concursantes que obteñan praza neste concurso nalgunha das especialidades non relacionadas na base décimo segunda.2 da citada orde estarán obrigadas, no prazo de dous anos contados a partir de 1 de setembro de 2025, a obter, cando menos, o certificado de lingua galega (Celga 4), agás que acrediten telo superado con anterioridade ou que posúan algunha das súas validacións ou homologacións.