• Noticia nova

ANPE denuncia os recortes de Adeslas e Asisa tras o novo concerto


13 Mai, 2025

WEB - ANPE denuncia os recortes nos cadros médicos de Adeslas e Asisa tras a publicación do novo concerto e a pesar do aumento orzamentario de Muface 

A pesar de que o Goberno aprobou unha subida histórica do 41.2% na prima media por mutualista as aseguradoras voltaron a recortar os cadros médicos. Esta decisión afectará aos funcionarios e as súas familias, que perderán acceso aos seus actuais profesionais e centros médicos. 

Ante esta situación, ANPE recomenda aos afectados presentar reclamacións formais/queixas a través das canles establecidas por MUFACE:  

  • Instrucións de MUFACE para a RECLAMACIÓN que será exposta na Comisión Mixta Provincial entre MUFACE e a correspondente aseguradora: LIGAZÓN 
  • Instrucións para presentar QUEIXA ante MUFACE: LIGAZÓN

 

Por unha eficiente e correcta atención sanitariaENCHAMOS MUFACE DE RECLAMACIÓNS E QUEIXAS!

 

Ademais, ANPE pon a disposición dos seus afiliados/as un formulario anónimo de recollida de queixas e reclamacións presentadas PREVIAMENTE a MUFACE: LIGAZÓN

Podedes remitilas por correo electrónico a anpe@anpe.es para poder levar a cabo unha maior presión.