Comisión de seguimento do Acordo de interinos


16 Out, 2018

COMISIÓN DE SEGUIMIENTO DO ACORDO DE INTERINOS 

Tras o inicio do curso e a raíz dos problemas xurdidos coa adxudicación de vacantes, ANPE solicitou unha reunión urxente da comisión de seguimento de interinos o pasado 13 de setembro para tratar este tema e outros relacionados: concurso-oposición, listas de substitución e "cobro de verán".

A Administración informa de que as listas de substitución xa están actualizadas e, polo tanto, o persoal opositor de nova incorporación xa debería figura nelas.

- ANPE denuncia que na adxudicación de vacantes do CADP houbo cambios nos perfis das prazas así como disfuncións entre a vacante adxudicada e o horario real no centro educativo. A Administración abrirá expediente informativo nos casos de perfís de vacantes con afíns «estranas» ou afíns que mudan ao chegar ao centro ou desaparecen.

- ANPE solicita un verdadeiro concurso-oposición, non se pode obviar a parte de concurso e que so sirva para ordenar os aprobados.

- ANPE demanda unha revisión en profundidade do Acordo para que as listaxes sexan o mais dinámicas posibles (revisarase o procedemento das chamadas) e con persoal substituto que estea firmemente disposto a traballar para a administración galega.

- ANPE insiste na esixencia, como así o leva facendo dende o ano 2014, en que se recupere o cobro dos meses de verán para o persoal substituto que traballe máis de 5 meses e medio tal e como aparece recollido no Acordo e que suprimiron no ano 2012 por un período transitorio de dous anos por mor da consabida "crise". A Administración galega leva 4 anos incumprindo este punto polo que solicitamos se lle traslade á nova Conselleira e ao goberno galego para que os orzamentos de 2019 teñan partida para o seu abono.