O Supremo danos a razón: toca devolver o IRPF da prestación por maternidade/paternidade


08 Out, 2018

NPDespois das multiples reclamacións de ANPE en Galicia e ante as respostas negativas da Axencia Tributaria o SUPREMO VEN DE DARNOS A RAZON nas nosas peticións. ENLACE á SENTENZA

TODAS AQUELAS NAIS QUE QUEIRAN RECLAMAR O IRPF DAS SÚAS PRESTACIÓNS POR MATERNIDADE/PATERNIDADE DESDE A RENDA DO 2014 PODEN POÑERSE EN CONTACTO CON NÓS PARA PRESTARLLES A NOSA AXUDA.

Unha nova sentenza publicada este veners polo Tribunal Supremo establece que as prestacións por maternidade percibidas da Seguridade Social deberán estar exentas de pagar o IRPF (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas).

O Supremo confirma así unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que, en xuño de 2017, estimou o recurso dunha muller e ordeu a Facenda que lle devolvera a cantidade ingresada en concepto de IRPF en 2013 pola súa prestación de maternidade; e contradi o criterio que ata agora viña mantendo a Axencia Tributaria.

Dita prestación, a cargo do Instituto Nacional da Seguridade Social,pode incardinarse no suposto previsto no parágrafo terceiro letra H do artigo 7 da Lei do IRPF, que dispón que "igualmente estarán exentas las demás prestaciones públicas por nacimiento, parto o adopción múltiple,
adopción, hijos a cargo y orfandad".

O Supremo declarou que entende que a exención do pago do imposto abarca todas as prestacións por maternidade, sen distinción do órgano público do que se perciban. Así, tamén están exentas as que polo mismo concepto se recoñezan polas comunidades autónomas e entidades locais.

Pero hai máis: a sentenza ten carácter retroactivo, aínda que con un límite temporal. Polo que todas as persoas que teñan disfrutado de baixas de maternidade desde 2014 poden solicitar a devolución do que pagaron do IRPF polas súas prestacións, as anteriores quedan prescritas. Así, pódense reclamar as declaracións da Renda de 2014, 2015, 2016 e 2017.