Co fin de poder tramitar a toma de posesión dos destinos adxudicados en virtude da resolución dos ditos procedementos e a súa alta en nómina, o profesorado que obtivo destino definitivo deberá remitir antes do 1 de setembro de 2025, A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO DA SECCIÓN DE PROFESORADO (PRIMARIA OU SECUNDARIA) DA PROVINCIA na que obtivo o novo destino, a documentación que, segundo o colectivo que corresponda.
A) Profesorado que concursa dentro da Comunidade Autónoma de Galicia
B) Profesorado procedente do exterior ou reingresado
C) Profesorado procedente doutras Comunidades Autónomas
Modelo I: declaración responsable de non desempeñar outra actividade que poida incorrer en incompatibilidade
Modelo II: no caso de estar realizando ou querer realizar outra actividade pública ou privada que requira recoñecemento ou autorización de compatibilidade pola Dirección Xeral de Función Pública, deberá asinar o modelo II e presentar unha nova solicitude de compatibilidade. Por tanto, xunto co modelo II achegará a copia da solicitude de compatibilidade debidamente asinada e rexistrada e da renuncia ao complemento específico, de ser o caso.
IRPF: Modelo 145: so nalgúns casos
Para os efectos de achegar a dita documentación descrita así como para clarexar calquera dúbida ao respecto estes son enderezos electrónicos:
• A CORUÑA:
persoal.secundaria.coruna@edu.xunta.es
persoal.primaria.coruna@edu.xunta.es
• LUGO:
persoal.secundaria.lugo@edu.xunta.es
persoal.primaria.lugo@edu.xunta.es
• OURENSE:
persoal.secundaria.ourense@edu.xunta.es
persoal.primaria.ourense@edu.xunta.es
• PONTEVEDRA:
persoal.secundaria.pontevedra@edu.xunta.es
persoal.primaria.pontevedra@edu.xunta.es
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE