Lectorado de lingua, literatura e cultura galegas


26 Xul, 2017

Mércores 26/07/2017    ORDE do 7 de xullo de 2017 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade de Kiel, Alemaña     A contratación por parte da universidade da persoa seleccionada abranguerá, como máximo, un período que non excederá os dous anos.    As datas previstas de incorporación e remate recóllense no anexo II, no cal se describen as características principais da praza convocada. En todo caso, respectarase a data de remate. O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas. As persoas adxudicatarias desenvolverán estas actividades, no marco do convenio asinado coas universidades de destino, baixo a dirección do responsable do Centro de Estudos Galegos e en permanente coordinación con este.As ditas actividades non se limitarán ao ámbito académico universitario, senón que tamén abranguerán a súa área de influencia.   As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo http://www.lingua.gal/portada.    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.