Convocatoria do programa CUALE para CPI, IES e CIFP


19 Abr, 2024

DOGResolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, para a participación no Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2024/25.

>> O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2024.

>> Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos no programa correspondente Cuale.