- Prazo: 15 días hábiles
- Solicitude: preferentemente por sede electrónica, PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (16.92€)
- Datas Probas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar o 14, 15, 21 e 22 de novembro de 2026.
- As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
- Probas do Celga 4: a proba escrita terá unha duración de tres horas e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.
Os códigos correspondentes á taxa son:
– Consellería: Cultura, Lingua e Xuventude. Código: 10.
– Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.
– Servizo: Secretaría Xeral da Lingua. Código: 09.
– Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.
O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselle, logo da solicitude correspondente, a quen figure na listaxe definitiva de persoas excluídas. Para solicitar a devolución das taxas, disporase dun prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua
TODA A INFORMACIÓN NA PÁXINA: (https://www.lingua.gal)
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE