Últimos días inscrición! - Ferramentas de coaching educativo


25 Abr, 2024

WEB - Curso en liña homologado polo Ministerio de Educación - Ferramentas de coaching educativo

>> Datas: do 1 ao 30 de maio

>> 40 horas homologadas polo MEFP válido para todo tipo de procesos: CXT, Sexenios, Oposicións...

A misión do profesorado e os resultados do seu traballo toman hoxe en día un carácter de altísimo valor estratéxico para a sociedade e para a propia persoa, polo que a aprendizaxe de técnicas de desenvolvemento persoal por parte de calquera profesional da docencia é clave para o seu bo funcionamento na aula. Neste sentido, é fundamental que os docentes adquiran unha serie de habilidades que forman parte da nosa intelixencia emocional e que nos axudan a establecer e construír dunha maneira máis adecuada a relación cos nosos alumnos.

OBXECTIVO - Axudar ao desenvolvemento e mellora das competencias, actitudes e habilidades de calquera profesional da docencia para que mediante unha aprendizaxe eficaz, poida obter o máximo rendemento do seu traballo e unha maior capacidade de xestión da aula. Ademais, con este curso preténdese transmitir os conceptos básicos do Coaching Educativo; facilitar recursos para a xestión da aula; e aplicar estas ferramentas en situacións reais de aula ou académicas en xeral.