ANPE pola redución da burocracia - respostas do profesorado


24 Abr, 2024

WEB - Resultados da ENQUISA  AO PROFESORADO para a redución da burocracia nos centros educativo. Onde podemos reducir?

Dende ANPE Galicia lanzamos, desde principios do presente curso escolar unha enquisa destinada a todo o colectivo docente para coñecer que cuestións burocráticas son as que os docentes consideran que se poden suprimir, mellorar ou racionalizar. A enquisa lanzouse divida en tres bloques fundamentais: a burocracia en tarefas de deseño curricular, a burocracia en tarefas de organización e funcionamento dos centros e a burocracia en tarefas de coordinación docente. 

>> A pretensión da análise dos resultados de dita enquisa é poder contribuír no citado grupo de traballo con achegas reais emanadas dos propios docentes e dos centros educativos.

>> As conclusións xerais ás que chegamos, unha vez analizadas as respostas do profesorado a dita enquisa; cabe destacar a implicación do profesorado galego a través dunha participación moi elevada. Básicamente, insisten en que é imprescindible simplificar, axilizar e, en ocasións eliminar no posible, todas aquelas cuestións que vaian en detrimento da principal función docente: a atención ao seu alumnado. Somos docentes: o noso traballo é o ensino, non a burocracia!.

>> Aspectos xerais destacados:

  1. É necesario incrementar o persoal administrativo nos centros ou dotar a centros pequenos de dito persoal (se non pode ser de xeito fixo a lo menos con carácter compartido ou itinerante)
  2. É necesaria a redución do horario lectivo do profesorado para poder levar a cabo, de xeito eficaz, a función titorial.
  3. É necesario establecer unha liberación horaria lectiva axeitada para os cargos directivos dos centros educativos.

>> Aspectos particulares importantes:

  1. As programacións didácticas deben ser máis prácticas e adaptadas á realidade.
  2. Os diferentes protocolos de actuación existentes (absentismo, acoso escolar,….) deben ser  de implementación máis áxil.
  3. Os informes que se deban elaborar deben estar pautados e ser máis operativos: expedientes sancionadores ao alumnado por condutas contrarias á convivencia, plans de reforzo de pendentes e alumnado repetidor, reclamación académicas contra as cualificacións obtidas, memorias anuais dos departamentos didácticos (con moitos datos repetidos que xa figuran en Xade),…
  4. As adaptacións curriculares deben estar pautadas para cada casuística e ser máis prácticas á hora do seu desenvolvemento.
  5. Os protocolos e procedementos de comunicación coas familias deben ser máis áxiles.
  6. Deben establecerse programas e aplicacións informáticas para o profesorado sinxelas, máis intuitivas e funcionais.
  7. As reunións de coordinación e, en xeral todas as reunións docentes, deben ser máis áxiles e operativas de debe primarse, na medida do posible, o uso de medios  telemáticos para o seu desenvolvemento.

 

Desde ANPE Galicia agradecemos a colaboración dos docentes e traballaremos no grupo establecido a tal fin para que estas achegas do profesorado se teñan en conta e consigamos liberar aos centros educativos e ao profesorado galego do exceso de carga de tarefa burocrática que o asolaga.