ANPE agradece o apoio de centos de docentes na concentración polo IES As Lagoas de Ourense


14 Mar, 2025

WEBCENTOS DE DOCENTES DIXERON: ¡BASTA XA! POLAS RÚAS DE OURENSE

A concentración diante da Dirección Territorial de Ourense, convocada polas organizacións sindicais presentes na Xunta de Persoal desta provincia, da que ANPE forma parte, contou co apoio de centos de docentes que saíron á rúa para esixir á administración galega que defenda ao seu profesorado.

Hoxe foi unha compañeira do IES As Lagoas, pero mañá podería ser calquera de nós.

Desde ANPE levamos anos reclamando respecto polo noso traballo, defendendo ao profesorado ante situacións inaceptables. Agora tócalle á administración asumir a súa responsabilidade e actuar en favor dos seus traballadores.

Os docentes e o noso alumnado non somos cifras nunha táboa. Somos a base sobre a que se constrúe a sociedade do mañá.

 Non podemos permitir que nos silencien nin que menosprecen o noso labor. 

Manteñámonos  FIRMES e UNIDOS por unha educación digna!