Volver

Galicia Nov 15, 2018

Xornadas de Convivencia e Resolución de Conflitos no Ensino - Últimas prazas


XORNADAS DE CONVIVENCIA e RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NO ENSINO (8h)

Xornadas de formación do profesorado organizadas por ANPE Coruña que tratará sobre diferentes aspectos relacionados coa convivencia nos centros educativos, a resolución de conflitos, problemas de conduta e tratamento de acoso escolar.

Esta actividade de formación está homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Xunta de Galicia).

Celebrarase o sábado 24 de novembro (Mañá 9:30 a 14:00 – Tarde 16:00 a 19:30h) no hotel NH Compostela (Santiago de Compostela).

INSCRICIÓN EN LIÑA: Aberto o prazo de matrícula dende 23 de outubro ata completar as prazas.

Preme no seguinte LINK  (activo a partir do 23 de outubro)

Ou copie e pegue a seguinte dirección no navegador: https://goo.gl/forms/A09pAKZBebmf2aUb2

Maís información:

ANPE Santiago (981552393 - santiago@anpe.es)

PONENTES:

  • José Antonio Vázquez Taín. Xuíz, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito da xudicatura ten realizado a instrución de casos ben coñecidos como o do roubo e recuperación do Códice Calixtino ou o caso Asunta Basterra. Tamén destaca pola súa faceta como escritor (‘Santiago. La leyenda del Santo Oculto’, ‘Al infierno se llega deprisa’, ‘Matar no es fácil’ e ‘El mar sin fondo’). Ten unha dilatada experiencia en temas educativos como o acoso escolar, os perigos de Internet e as redes sociais entre menores e a súa protección xurídica. Na actualidade exerce como Xuíz do Penal en A Coruña.
  • María Isabel Barreiro Gundín. Funcionaria do corpo de mestres. Foi asesora na Consellería de Educación, etapa na que participou activamente na elaboración de ‘Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar’. Ten participado como ponente en actividades de formación para equipos directivos, anpas e profesorado en xeral sobre atención á diversidade, orientación e convivencia. Na actualidade está a traballar na elaboración de programas da Consellería para a mellora da convivencia nos centros educativos.
  • IES Carlos Casares (Viana do Bolo – Ourense). Centro pioneiro en Galicia no tratamento e posta en práctica de numerosos proxectos relacionados coa convivencia e a mediación nas aulas. Ás súas primeiras experiencias neste ámbito remóntase ao ano 2002 e durante todo este tempo ten recibido numerosos recoñecementos ao seu labor tales como o Premio nacional de buenas prácticas y convivencia (2006), Premio nacional de educación para el desarrollo Vicente Ferrer (2009), finalista do Premio a la Acción Magistral (2012) ou centro galardonado coa Placa universal de la paz y la no violencia, unha distinción a nivel mundial outorgada pola Fundación Humanizar la Tierra e a Fundación internacional Mundo sin Guerra y sin Violencia (2018).
  • Julio Díaz Escolante. Funcionario de corpo de Mestres. Presidente de ANPE Galicia.
  • Julio César Trashorras de la Fuente. Funcionario do corpo de Profesores de Ensino Secundario. Vicepresidente de ANPE Galicia. Defensor do Profesor na nosa comunidade.
  • Rosa Mª Urbano Rey. Funcionaria do corpo de Mestres. Presidenta de  ANPE Coruña.
xornada_convivencia


#Acción sindical #Formación ANPE

Volver