Táboas retributivas 2018


23 Xan, 2018


 Tras a publicación no DOG do 22 de xaneiro a confección de nóminas para o ano 2018, seguiremos sen cobrar as pagas extras dobres.
Os docentes galegos seguiremos con elas recortadas nos conceptos de soldo base e trienios e sen subida salarial tal e como se pode comprobar na TÁBOA DE RETRIBUCIÓNS adxunta.

As pagas extraordinarias NON son dobres, porque hai reduccións no SOLDO (A1.- 698,13€ / A2.- 713,45€)

          e nos TRIENIOS (A1.- 26,85€ / A2.- 25,87€). 
 
ANPE seguirá a loitar este ano, como o levamos facendo nos últimos anos, pola recuperación das condicións económicas e laborais ao seu estado anterior ao comezo dos recortes. 

 Por iso, ante os múltiples acordos pechados polas distintas Comunidades Autónomas (Madrid, Castela a Mancha, Canarias, Cantabria, Castela León, A Rioxa…) ANPE seguirá as vías da negociación e da presión sindical para recuperar todos eses dereitos perdidos.
 
  

18_retribucions