Volver

Galicia Feb 09, 2017

Probas para título de bacharel


Xoves 09/02/2017    RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.    O prazo de presentación das solicitudes será entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017.    As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no apartado 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código do procedemento ED534A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.    A proba realizarase o día 21 de abril de 2017 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.    A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e o segundo, de tres horas e trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas.    Primeiro exercicio, correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais.    O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias troncais xerais propias e as materias troncais de opción correspondentes a cada modalidade e itinerario. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas das materias de modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.    A sesión da mañá durará das 9.00 ás 14.30 horas e A sesión da tarde durará de 16.30 a 20.30 horas. 


#Centros #Convocatorias Específicas

Volver