Volver

Galicia Mar 28, 2018

Oposicións NOVIDADES desta convocatoria e preguntas frecuentes


Resaltamos varias novidades ou aclaracións  importantes desta convocatoria de oposición, respecto a outras anteriores:

 

 

  • Os que se presenten ás oposicións noutras comunidades para non decaer nas listas de interinos-substitutos: "Tamén cumprirá coa citada obriga quen participe en procedementos selectivos convocados para o ingreso nalgún corpo da función pública docente noutra comunidade autónoma. Neste caso ten que achegar á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos unha certificación de ter realizado a proba con anterioridade ao 20 de xullo de 2018."
  • Obriga de lér : "Cando non acuda ao acto de presentación así como a calquera das probas para as que sexa convocado/a polo tribunal, incluído o acto de lectura das probas. Neste suposto entenderase que se retira do procedemento selectivo e decaerá en todos os seus dereitos con respecto das listas das especialidades convocadas e ademais, se é o caso, da lista de orientación do corpo de mestres".
  • Que requisitos debe cumprir para ser incluído/a nas listas de interinidades e substitucións?

    • Participar no procedemento selectivo pola especialidade en cuxa lista desexa ser incluído/a e manifestar expresamente na solicitude a súa vontade de inclusión na lista ( se marca casilla na instancia). 

    • Cumprir con todos os requisitos esixidos pola convocatoria.

    • Ter unha das titulacións que se relacionan na base vixésimo cuarta da orde da convocatoria segundo a especialidade á que se presente ou, de non tela, superar a primeira proba.

    • Se non ten a titulación e tampouco superou a primeira proba, tamén pode ser incluído nas listas das especialidades de Lingua castelá e literatura, Xeografía e historia, Matemáticas, Física e química, Bioloxía e xeoloxía, Inglés, Tecnoloxía e Lingua galega e literatura do corpo de profesores de ensino secundario se está habilitado para as materias correspondentes de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no ensino privado de Galicia. A Consellería comprobará automaticamente que está habilitado sen necesidade de ter que presentar a certificación de habilitación.

Podedes consultar outras dúbidas frecuentes no link da Consellería: https://www.edu.xunta.es/oposicions/PreguntasMaisFrecuentes.do#P_6

 


#Oposicións

Volver