OPOSICIÓNS: Listaxes Definitivos de Admitidos/Excluidos


11 Xun, 2015

Xoves 11/06/2015     RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ao proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e de mestres e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 11 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo).    O feito de que figure a localidade solicitada non implica que sexa a localidade de exame, senón que se determina na resolución pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais, polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará o acto de presentación e se celebrará a primeira parte da proba prevista na base décima e as partes A e B da primeira proba prevista na base décimo primeira da convocatoria, así como na resolución pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais das/dos aspirantes admitidos ao procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo).          LINK Ó DOG 

historico
historico
historico
historico