Volver

Galicia Out 18, 2017

NON a outra CONXELACIÓN SALARIAL!


NON a outra CONXELACIÓN SALARIAL!

Mércores 18/10/2017

 
   ANPE REXEITA OUTRA CONXELACIÓN SALARIAL AOS FUNCIONARIOS PARA O 2018
 
    Desde ANPE consideramos que a falta de aprobación dos orzamentos para o 2018, en ningún caso deberá ser excusa para non poñer en marcha a tan "publicitada polos gobernos central e autonómico subida salarial prevista. Ben é certo que esta subida seguía sendo insuficiente, para alcanzar a recuperación salarial perdida polos funcionarios os últimos anos.
 
Hai que destacar a redución do 25 % no seu poder adquisitivo como consecuencia da rebaixa do soldo entre un 5% e 10% en 2010, e das sucesivas conxelacións salariais sufridas desde entón.
 
Ademáis de incongruente, resulta dunha desfachatez indescriptible ante os anuncios de crecemento da nosa economía e "crisis superada" anunciados a bombo e platillo tanto polo goberno central como autonómico  ao longo dos últimos meses. 
Durante estes últimos anos os empregados públicos en xeral, e os docentes en particular soportamos "sacrificios" segundo as súas propias palabras e "xa era hora de restituilos e compensalos" ¿é esta a maneira?
 
Dende ANPE ESIXIMOS que, de maneira inmediata, iníciese a recuperación salarial de tantos anos perdida.
 


#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver