Volver

Galicia Feb 15, 2017

Nóminas 2017


Mércores 15/02/2017    ORDE do 10 de febreiro de 2017 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2017.    Esta orde redáctase en circunstancias excepcionais encontrándose prorrogados os orzamentos xerais do Estado do ano 2016. Tendo en conta que unha parte importante das retribucións dos empregados públicos se regula na normativa básica do Estado, a vixencia desta orde está condicionada por esta circunstancia e deberá ser actualizada no momento da aprobación dos orzamentos xerais do Estado do ano 2017.    No ano 2017 a porcentaxe de cotización ás mutualidades que se aplicará aos mutualistas manterase igual que no ano 2016.    No anexo VI desta orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface)   ANEXO IIFuncionarios que desempeñan postos de traballos para os cales o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia. ( Pódese comprobar a Reducción da paga extra)ANEXO IIIFuncionarios que desempeñan postos de traballo para os cales o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia.ANEXO VInspectores de educación, profesorado dos centros de ensino básico, bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.1º. Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico.  NON HABERÁ PAGA EXTRAORDINARIA DOBRE COMA  NO ANO  2009.      O TIXERETAZO DO 2010 SEGUE AHÍ E NON SE FAI NIN FIXO NADA POR CAMBIALO DENDE FUNCIÓN PÚBLICA!!!!  


#Acción sindical #Retribucións

Volver