Volver

Galicia Abr 10, 2018

DOG - CONCURSO ORIENTACIÓN (Mestres): Resolución Definitiva


DOG - RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación, convocado pola Orde do 3 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro).

Anexo I:  adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de traslados específico.

Anexo II: relación definitiva de excluídos.

O persoal que resulte adxudicatario, ademais de prestar servizos no centro base indicado no anexo I desta resolución, está obrigado a desprazarse aos centros compartidos e aos centros adscritos que, se e o caso, fosen incluídos nos anexos II e III da antedita orde de convocatoria.

Ademais, de conformidade coa base décimo oitava da Orde do 3 de novembro de 2017, deberá desprazarse aos centros que se poidan adscribir, segundo o establecido no Decreto 120/1998, do 23 de abril.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei galega 6/2001, do 29 de xuño, o persoal interesado poderá formular, con carácter postestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende a mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Mobilidade do Profesorado #Concurso de Traslados

Volver