Volver

Galicia Ago 07, 2017

Concurso de méritos - alumnado de atención preferente


DOG - RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.   

 As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos e con reserva do posto de traballo de orixe, por un período dun ano prorrogable ata que o alumno remate a etapa educativa que cursa e como máximo por un período que, incluída a comisión de servizos inicial e as eventuais prórrogas, non poderá superar os 6 anos de duración. A prórroga exixirá petición da persoa interesada e o informe favorable do equipo de orientación específico.   

 Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.    

19/07/2017 Baremo provisional, adxudicación provisional e relación de excluídos do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.    O prazo para reclamacións e renuncias, é desde o día 20 ao 24 de xullo, ambos incluídos.   As ditas reclamacións e renuncias presentaranse por correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es 

  Baremo provisional    Adxudicación provisional    Relación de excluídos   

06/06/2017 CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.   

29/05/2017  DOG - ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.     Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres que se atope en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2016/17 e que posúa a especialidade que se requira para cada praza, así como o título de perfeccionamento en lingua galega ou do certificado de lingua galega (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente. 

   O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.  

 Aínda que aspire a máis dunha praza o persoal concursante presentará unha única solicitude axustada ao modelo que figura como anexo III, coa que achegará cuberta a folla de autobaremación que figura como anexo IV e a documentación que se indica no baremo que figura como anexo II para a acreditación dos méritos que alegue. 

 No caso de que o persoal participante posúa méritos que non consten no seu expediente ou que sexan incorrectos, deberá xerar unha nova instancia na aplicación www.edu.xunta.es/datospersoais e, xunto cunha copia compulsada dos méritos alegados, achegala coa solicitude de participación neste concurso específico.Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos dos méritos alegados que xa figuren no seu expediente persoal na aplicación informática www.edu.xunta.es/datospersoais  

  As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos e con reserva do posto de traballo de orixe, por un período dun ano prorrogable ata que o alumno remate a etapa educativa que cursa e como máximo por un período que, incluída a comisión de servizos inicial e as eventuais prórrogas, non poderá superar os 6 anos de duración, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo. A prórroga exixirá petición da persoa interesada e o informe favorable do equipo de orientación específico.    


#Convocatorias Específicas #Funcionari@s

Volver