Volver

Galicia Dec 28, 2017

Orzamentos xerais de Galicia.


LEI 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

O capítulo I, dedicado aos gastos do persoal ao servizo do sector público, consolida no ano 2018 a recuperación dos conceptos retributivos realizada pola Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, así como a consolidación do incremento das retribucións do persoal ao servizo do sector público aprobado pola Lei de Galicia 3/2017, do 13 de xullo, de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social e de modificación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, en aplicación do establecido na Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017. Así mesmo, en cumprimento do establecido no acordo e desenvolvemento do Plan de estabilidade do emprego dos servizos públicos, asinado o 18 de outubro de 2017, procederase á aplicación do disposto nos puntos Un, Dous, Cinco e Seis do artigo 19 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, no relativo aos procesos de estabilización de emprego temporal no sector público.

O capítulo III, dedicado a outras disposicións en materia de réxime de persoal activo, recolle que para o ano 2018 as relacións de postos de traballo deberán modificarse para as axustar ás previsións orzamentarias que se deduzan do anexo de persoal sen que se poidan prover aqueles postos para os cales non estea prevista dotación, e no anexo de persoal non poderán existir códigos de liñas orzamentarias que non amparen créditos para dotacións de postos de traballo, para substitucións de persoal temporal ou para conceptos retributivos. O resto do capítulo regula os requisitos para a determinación ou modificación das retribucións do persoal laboral e non funcionario, o persoal directivo das entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, o nomeamento do profesorado interino a tempo parcial en centros docentes non universitarios, os profesores e as profesoras de corpos docentes e o persoal eventual e de gabinete.

171228_presupostos


#Normativa

Volver