Avance dos orzamentos galegos para 2019: Bla, Bla, Bla...


20 Out, 2018

181019_pagasextras

AVANCE DOS ORZAMENTOS DE GALICIA PARA O 2019

Bla, Bla, Bla, Bla... pero, seguimos sen recuperar todos os dereitos recortados dende o 2010.

Todo parece indicar que, pese á bonanza económica que tanto lle enche a boca ao Sr. Feijoo, os orzamentos da nosa Comunidade para o vindeiro ano non contemplan partida para o cobro dos meses de verán para o persoal substituto con 5,5 meses traballados tal e como recolle o Acordo de interinos: "O 11 de xullo de 2006 as organizacións sindicais ANPE, CCOO e CSIF  asinaron unha nova addenda ao Acordo do 20 de xuño de 1995, que introduciu diversas melloras... e dereitos retributivos do profesorado substituto que preste servizos efectivos durante polo menos cinco meses e medio durante o curso académico".

Tampouco aparece reflectida a devolución das cantidades detraidas das pagas extras desde o 2013 ao 2016.
Desde ANPE Galicia seguiremos loitando por que estas dúas cuestións teñan o seu reflexo nos orzamentos galegos.