PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras)


17 Xul, 2017

Luns 17/07/2017 ORDE do 29 de xuño de 2017 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2017.    Contra esta resolución as persoas interesadas poden interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.  

 Mércores 21/06/2017 Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2017 

 Luns 09/06/2017 Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa Piale 2017. A exposición destas listaxes abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 19 de xuño de 2017.Unha vez que a reclamación sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 2 deoutubro , solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listaxes definitivas. No caso de remitir a documentación por correo postal, deberase dirixir ao seguinte enderezo:

Servizo de Formación do Profesorado
D.X. de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación
EDif. Adm. San Caetano
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela   

 Mércores 03/05/2017  ORDE do 24 de abril de 2017 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2017.    As modalidades en que se convocan prazas para o profesorado son as seguintes:     Modalidade 1: inmersión Reino Unido, Canadá ou Estados Unidos.     Modalidade 2: integración Canadá ou Portugal    Modalidade 3: cursos Reino Unido, Francia, Portugal, Alemaña    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.     O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.