CELGA - datas das probas para obter as certificacións


29 Abr, 2024

DOG RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024 (código de procedemento PL500C).

As probas comezarán ás 9.00 horas e a proba oral de cada nivel Celga se realizará o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha vez que remate a proba escrita.

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

18 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

19 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

25 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

26 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:

1 de xuño de 2024, para todas as persoas admitidas.

>> Os centros de realización das probas serán: 

– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1).

– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).