RESUMO MS - prazas convenio, atención preferente, asesorías e licenzas formación


08 Mai, 2024

WEB - Resumo da Mesa Sectorial sobre Concursos de méritos para prazas sometidas a Convenio ou Programas específicos , prazas de Atención Preferente  e Asesorías en servicios centrais, Licenzas por formación.

>> A Administración comprométese a principios do curso que ven a elaborar un baremo común a todos os concursos (aínda que cada unha delas poida ter un apartado específico en función das súas particularidades).

>> Licenzas por formación - a administración estudará a proposta de ANPE de que se inclúan outros idiomas como pode ser portugués ou ruso. Manterase a nosa petición de que as licenzas por formación soamente sexan incompatibles con outra actividade durante a duración da mesma e non durante todo o curso académico como aparecía anteriormente.

Solicitamos que se retire o requisito de contar co Curso de Elaboración de Recursos Dixitais que se esixe nalgunha modalidade xa que, cando se ofertou dito curso non se informou de que sería requisito para solicitar ditas licenzas. A Administración retirará dito requisito.

Dentro do apartado de ROGOS, entre outros:

1. Demandamos, xunto co resto de organizacións asinantes dos mesmos, a reunión da Comisión de seguimento do Acordo de interinos e do Acordo de melloras.

2. Solicitamos información sobre a restitución das axudas por asistencia a actividades de formación. A Administración informa de que vai a sair este curso.

3. Solicitamos a apertura de lista de substitucións de AL e outras especialidades que están a piques de esgotarse.

4. Denunciamos unha vez máis a retirada de vacantes que se colgan desde os centros educativos para a cobertura de substitucións. 

5. Demandamos que se fale con Función Pública para facilitar a compatibilidade do profesorado para a realización doutro tipo de actividade xa que incluso se está a denegar a compatibilidade nalgún dos 10 supostos que permite a Lei.

6. Demandamos axilidade na cobertura de substitucións do persoal coidador.
7. Denunciamos que as avaliacións de diagnóstico realizadas recentemente non se adecuaban aos contidos dos cursos nos que se realizaron.
8. Solicitamos información sobre a reunión mantida onte sobre o Real Decreto de modificación do Concurso de Traslados. A Administración informa de que se vai a incluír a CDD e que se van a empezar a constituír grupos de traballo técnicos para abordar unha reforma profunda. A idea do Ministerio é publicar a finais de xuño no BOE

Podes ler o informe completo na ligazón da noticia.