OPOSICIÓNS 2017_ Recursos de alzada estimados

Volver

Galicia Xan 31, 2018

DOG_ORDE do 23 de xaneiro de 2018 pola que se modifica a Orde do 28 de xullo de 2017 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

Logo de estimados os recursos de alzada que formularon Begoña Fernández Osorio e Saúl Ares Iglesias en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Begoña Fernández Osorio é nomeada funcionaria en prácticas con efectividade administrativa e económica do 23 de novembro de 2017.

Saúl Ares Iglesias é nomeado funcionario en prácticas con efectividade administrativa e económica do 2 de xaneiro de 2018.

180131_recursoopos


#Oposicións #Nomeamentos

Volver