Formación
- Derogadas pero de aplicación para cursos neses anos:
- ORDE do 3 de setembro de 2001 pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións. (vixente do 2001 - 2007)
- ORDE do 1 de marzo de 2007 pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e innovación e das titulacións. (vixente do 2007 ata 2013)
- ENLACE á información dos Centros de Formación
- ENLACE á FPROFE
- Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/2020
- Proxectos de Formación para o profesorado de FP para o curso 2018/2019
- Plans de formación permanente de profesorado (PFPP) para o curso 2019/20
*** 30/12/1991 Acordo SEXENIOS
Aclaración perfeccionamento SEXENIOS
- Registro de Universidades, Centros e Títulos (MEC)
- Consulta homologación títulos estranxeiros non universitarios
DIFERENZAS entre un máster oficial e un máster ou título propio.
O máster oficial é aquel acreditado pola ANECA, a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, adscrita á súa vez ao Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polos órganos de avaliación que a Lei das Comunidades Autónomas determinen; está homologado a nivel europeo e dá acceso a estudos de doutoramento. ten unha carga lectiva de entre 60 e 120 créditos ECTS, dependendo de se dura un ou dous anos. Deles, 10 créditos destínanse á realización do Traballo de Fin de Máster. Ao ter máis créditos ECTS, o prezo tamén é máis caro. No caso dos másteres oficiais, o prezo está fixado polas Comunidades Autónomas.
** No baremo da oposición puntuaría no apartado 2.2
** No baremo de Concurso de Traslados puntuaría no apartado 3.1.2
O máster propio ou título privado está deseñado e impartido por unha universidade ou escola de negocios, e non conta co recoñecemento do Estado nin do Espazo Europeo de Educación Superior ( EEES), xa que é a propia universidade a que deseña e certifica o plan de estudos. Non dá acceso a estudos de doutoramento. Son as universidades as que fixan o prezo.
**No baremo das oposicións puntuaría no apartado de 3.2 coma formación recibida segundo as horas.
**No baremo de Concurso de Traslados puntuaría no apartado 5.1 como formación recibida segundo as horas.