Substitut@s - Galicia

Volver

Galicia Xan 03, 2018

A Administración galega segue sen atender a demanda de ANPE sobre o cobro do verán ao profesorado substituto que traballen  durante 5 meses e medio tal e como se recolle na Addenda de interinos:
 
"Décimo oitavo. Dereitos retributivos do profesorado substituto
1. A partir do inicio do curso académico 2007/08, o profesorado substituto que preste servizos efectivos nun curso académico durante polo menos cinco meses e medio terá dereito a que se lle efectúe un nomeamento polo mes de xullo e polos días do mes de agosto que procedan, unha vez deducidos os aboados por vacacións non gozadas."
 
Pero, na Lei de orzamentos para o 2018, no Titulo II, artº 11 punto tres recóllese: "Ademais, mantense a suspensión da aplicación do punto décimo oitavo do Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995, publicado pola Resolución do 31 de xullo de 2013 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria."
 
 ANPE seguerá a loitar porque o persoal docente substituto recupere este dereito como así se fixo en outras CCAA unha vez superada a crise económica. Ou é que en Galicia non está superada?
 

171228_leiorzagal


#Acción Social #Retribucións

Volver