Consellos Escolares - calendario

Volver

Galicia Out 05, 2017
Consellos Escolares - calendario

Xoves 05/10/2017

 
 
   Decreto 279/1990, do 27 de abril, e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro, establecen as condicións de celebración das eleccións dos membros dos consellos escolares nos centros docentes.
 
   Dado que no derradeiro trimestre do ano 2016 correspondeu a renovación de todos os consellos escolares no ámbito da Comunidade Autónoma, no presente ano é constituír o consello escolar por primeira vez nos centros creados con posterioridade á citada renovación, ao tempo que se regulariza a situación daqueles centros que, por razóns de diversa índole, non realizasen as eleccións no citado proceso do ano 2016.
 
   As eleccións para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento a que se refire o artigo anterior terán lugar entre os días 6 e 10 de novembro de 2017, ambos os dous incluídos.
 
   Logo da constitución do consello escolar, a que se refire o artigo 52 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, a dirección do centro remitirá ao xefe ou xefa territorial, antes do 12 de decembro de 2017, o informe de seguimento que se publica como anexo II desta resolución. 
171005_consello


#Centros

Volver