WEB - Táboas salariais do profesorado galego e Táboa de pensións de Clases Pasivas
1) Nas retribucións deste 2020 ainda non está aplicada a subida estatal do 2% , e de supor que se reflectirá na nómina do mes de febreiro so entón actualizaremos de novo a táboa. Aparece a subida galega de 25€ brutos no complemento específico.
Nesta nómina do mes de xaneiro virá descontado e desglosado por conceptos o día da folga do 12 decembro para todos aqueles afectados.
Táboa resumo de retribucións e complementos
2) Nas pensións hai unha revalorización dun 0,9% con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2020, tal e como se recolle no Plan Orzamentario para o próximo ano enviado á Comisión Europea. Tamén se incrementarán segundo o disposto no parágrafo anterior os importes dos haberes reguladores aplicables para a determinación inicial das pensións do Réxime de Clases Pasivas do Estado e das pensións especiais de guerra. O límite máximo establecido para a percepción de pensións públicas para 2020 será de 2.683,34 euros mensuais ou 37.566,76 euros anuais.