Actualización das indemnizacións por razón do servicio: dietas e quilometraxe


01 Dec, 2023

DOG RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de novembro de 2023, polo que se actualizan os importes das axudas de custo por razón do servizo en territorio nacional para gastos por aloxamento e manutención e da indemnización por uso de vehículo particular para o persoal empregado público da Xunta de Galicia.

>> Uso de vehículo particular, 0,26 euros por quilómetro percorrido.(ver o resto de dietas na ligazón superior)

>>  Ordenar a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, que entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación

 

 >> OBXECTIVO ACADADO! "actualización das indemnizacións" que xa foran publicadas no mes de xullo no ámbito estatal e que ANPE levaba reclamando, "a Orde do Ministerio de Facenda e Función Pública HFP/793/2023, do 12 de xullo, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, actualizou a contía da indemnización que se vai percibir como gasto de viaxe polo uso de vehículo particular en comisión de servizo ata 0,26 € por quilómetro percorrido" .

- 1ª reclamación de ANPE (setembro)

- 2ª reclamación de ANPE (outubro)