Servizos mínimos durante a folga convocada únicamente por CIG


23 Out, 2023

DOGORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 24 de outubro de 2023.

>> A organización sindical CIG-Ensino comunicou a convocatoria dunha folga que afectará o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 24 de outubro de 2023.

>> Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do/da director/a, ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o/a substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e, polo tanto, están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.

 

SE A SINATURA DO ACORDO DE MELLORAS MERECE ESTA FOLGA CONVOCADA POLA CIG, 16 ANOS SEN ASINAR NADA, QUE MERECE?