Confírmase a subida do 3´8% nas pensións 2024


08 Xan, 2024

WEB - Publicado no BOE o Real Decreto-lei 8/2023, do 27 de decembro, coa revalorización das pensións ata que se aprobe a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2024.

>> Esta Real Decreto-lei establece unha subida das pensións contributivas do sistema de Seguridade Social e das do Réxime Especial de Clases Pasivas, con carácter xeral, do 3,8 % para 2024. Este incremento está en función das taxas de variación interanual de IPC dos doce meses previos a decembro de 2023. 

O complemento para a redución da brecha de xénero das pensións contributivas da Seguridade Social e do Réxime de Clases Pasivas queda fixado para 2024 en 33,20 euros mensuais de acordo con o regulado na disposición transitoria primeira da Real Decreto-lei 2/2023, do 16 de marzo, que establece que debe engadirse un 5% á porcentaxe xeral de revalorización das pensións.

Os importes dos haberes reguladores previstos para 2024, ata a súa publicación oficial son os especificados na seguiente táboaque podería sufrir algunha modificación con dita publicación.

 

 

Pensión máxima a percibir: 44.450,56 €/año – 3175,04 €/mes

Os funcionarios do grupo A1 con 33 o máis anos de servicio superan o límite máximo das Pensións Públicas, polo que cobran este límite e non a pensión que lles correspondería aplicando ao haber regulador a porcentaxe por tempo de servicio. O mesmo ocorre cos que cobren outra pensión.