O Real Decreto 35/2025, do 21 de xaneiro non foi validado polo Congreso dos Deputados na súa sesión do 22 de xaneiro de 2025, o que fixo necesario aprobar outro real decreto-lei e ditar outra norma de desenvolvemento. Ante esta situación, aprobouse a Real Decreto-lei 1/2025, do 28 de xaneiro, polo que se aproban medidas urxentes en materia económica, de transporte, de Seguridade Social, e para facer fronte a situacións de vulnerabilidade, que establece a limitación da contía inicial das pensións públicas, así como os criterios de revalorización das pensións do sistema da Seguridade Social e de Clases Pasivas do Estado para o exercicio 2025
O importe inicial das pensións públicas causadas durante o ano 2025, non poderá superar a contía íntegra mensual de 3.267,60 euros mensuais ou 45.746,40 euros anuais, incluídas as pagas extraordinarias que puidesen corresponder ao seu titular. As pensións comprendidas no artigo 5.1, causadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2025 e non concorrentes con outras, revalorizaranse nun 2,8%